xoves, 11 de abril de 2019

A Noticia da Semana Nº2 : A 1º fotografía dun buraco negro.

Noticia:
Katie Bouman, a informática que deu coa clave para fotografiar o buraco negro.
Fontes de información:
Resumo da noticia:
Katie Bouman de 29 anos de idade convertéuse nunha celebridade, grazas ao seu traballo púdose captar por primeira vez a fotografía dun buraco negro. Estudando un posgrao en ciencias de computación e intelixencia artifial no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts creou un algoritmo, polo cal púdose fotografiar este fenómeno.
Esto confirma a teoría da relatividade de Albert Einstein. É a primeira un buraco negro de forma directa.
Opinión crítica:
Paréceme un gran fenómeno, aínda que a imaxe en sí se vexa borrosa e de pouca calidade, pero de seguro para conseguila hai moitas horas ou días de traballo e investigación.
Agujero Negro, Espacio, El Espacio Ultraterrestre
                                   Imaxe de Pixabay : De 12019

A Sementeira

     
     Aquí vos traio outra das cancións tradicionais galegas máis populares.

                                        Que é ?
A sementeira é unha moi popular cantiga galega. Fixose moi famosa grazas á versión que fixo a banda "Fuxan os Ventos" , publicada en 1987 no seu álbum. O texto foi escrito por Lois Álvarez Pousa e coa música de Xosé Luis Rivas Cruz. A canción coverteuse nun dos símbolos culturais galegos, e representativa nos anos 1970.

                                         Letra
............................................................................................


Sementar, sementarei, 
loguiño de crarear, 
en tanto no pobo medre 
un meniño, un vello e un cantar. 


Un meniño rebuldeiro 

que fala na lingua nai, 
que suba os pexegueiros 
a froita verde a roubar. 



Sementar, sementarei.... 



Un vello que de consellos, 

un rostro de fume e pan, 
que conte contos os nenos 
do cuco e do paspallás. 



Sementar, sementarei.... 



Un cantar de redención, 

un vello e novo cantar, 
que troque a desolación 
nun limpo e claro alborexar. 



Sementar, sementarei.... 



Logo déixame morrer 

entre dous regos, queimado, 
cando veñan os solpores 
dos homes esfameados. 



Sementar, sementarei....


..................................................................................................

Colza, El Campo De Semillas De Colza, Puesta Del Sol
                               Imaxe de Pixabay : De Tilgnerpictures


                        

martes, 9 de abril de 2019

As Miñas REGUEIFAS

...........................................................................................

1) Este trimestre no insti
hai moito que estudar
xa sei que non son moi lista
pero o quero superar.

............................................................................................

2)O meu can está toliño
que non para de ladrar
comeza pola mañá
e non para ata acabar.

............................................................................................

3)A min gústanme as froitas
algunhas como o melón
hai tamén que non me gustan
por exemplo o limón.

............................................................................................

4)Meu avo ten unha granxa
entre ela un coello
pero a ninguén lle gusta
creo que está moi vello.

............................................................................................

5)Alí hai un bo coitelo
ten unha folla moi forte
é mellor que non te arrimes
que quizás levas un corte.

............................................................................................

6)Agora é aninovo
farei algo na cociña
que vou cear ca familia
cociñarei a galiña.

............................................................................................

7)Hoxe voume cos amigos
que imos saír de festa
pero non sabemos onde
están todos á protesta.

............................................................................................

luns, 8 de abril de 2019

A Carolina

                                          Que é?

A Carolina ou A saia de Carolina é unha das canción tradicionais galegas máis popular. Unha peza musical composta polo músico Italiano Giorgio Mainerio.
A parte de ser tradicional en Galicia tamén se encrontra en Asturias,León e no norte de Portugal.
                                       
                                        Letra
............................................................................................


A saia da Carolina ten un lagarto pintado.
Cando a Carolina baila, o lagarto dalle o rabo.

Bailaches Carolina? 
Bailei, sí señor.
Dime con quén bailaches?
Bailei co meu amor.
Bailei co meu amor.
Bailei co meu amor.
Bailaches Carolina?
Bailei, sí señor.

A Carolina é unha tola que todo fai ó revés.
Véstese pola cabeza e éspese polos pés.

¿Bailaches Carolina?
Bailei, no cuartel.
Dime con quen bailaches.
Bailei co coronel.
Bailei co coronel.
Bailei co coronel.
Bailaches Carolina?
Bailei no cuartel.

O señor cura non baila porque ten unha coroa.
Baile señor cura baile, que Dios todo llo perdoa.

Bailaches Carolina?
Bailei, abofé.
Dime con quén bailaches?
Bailei co meu Xosé.
Bailei co meu Xosé.
Bailei co meu Xosé.
Bailaches Carolina?
Bailei, abofé.

No curro da Carolina non entra carro pechado.
Na máis entra Carolina, co seu cocho polo rabo.

Bailaches Carolina?
Bailei, si señor.
Dime con quen bailaches.
Bailei con meu amor.

Co teu amor Carolina, non volvas a bailar,
porque che levanta a saia 
ié moi mala de baixar.

Co teu amor Carolina, non volvas a bailar,
porque che levanta a saia 
ié moi mala de baixar.

Co teu amor Carolina, non volvas a bailar,
porque che levanta a saia 
ié moi mala de baixar.

............................................................................................
Pandereta, Samba, Pantalla De Celular

                      
                  Imaxe de Pixabay : De LucianoRaul

venres, 5 de abril de 2019

Vlogueando : Vestimenta Galega




Hoxe neste vlog explico tódalas prendas que compoñen unha vestimenta tradicional do baile galego. Espero que vos guste!


                            Gallega                 

                                    Imaxe de Pinterest : De Ai Roshio

mércores, 27 de marzo de 2019

A Noticia da Semana Nº1:Incendio de Rianxo "controlado"

Noticia:
Dan por controlado o gran incendio de Rianxo 36 horas despois do seu inicio.
Fontes de información:
Resumo da noticia:
O lume arrasou máis de 850 hectáreas en Rianxo e puxo en perigo varias vivendas. Foi controlado 36 horas despois grazas a actuación de dous técnicos, 37 axentes, 35 brigadas, 25 motobombas, 5 palas, 4 avións e 6 helicópteros.
Tanto a garda civil como os Seprona están investigando este incendio, parece ser que saltou unha chispa nunha torre de alta tensión na que estaban traballando en Bexo e prendeu lume.
Opinión crítica:
Aínda que cren que foi por unha chispa dunha torre de alta tensión,  eu creo que pode ser que fora intencionado aproveitando que había moitísimo vento.
                                  Imaxe de Pixabay:De _Alicja_

xoves, 21 de marzo de 2019

Tipos de Baile Galego

Para comezar falareivos sobre os tipos de baile máis coñecidos:

Muñeira:

É o tipo de baile galego máis coñecido dentro e fóra de Galicia, tamén se baila en Castela e León e  en Asturias. Este baile, e coma todos, bailase acompañado dun ou máis instrumentos. Xeralmente os instrumentos que acompañan á muñeira son a gaita, a pandeireta, o tambor, o bombo e as veces as cunchas. Báilase en parellas ou en forma de círculo.

Xota:

Aínda que está repartido por toda a península, é un baile moi coñecido en Galicia. Os instrumentos empregados para bailar a xota son a gaita, o requinto, o bombo, o tambor e a pandeireta. Os pasos que se fan parécens eun pouco aos do "valse". O baile ten un tipo de paseo e cun punto, e ás veces cun descanso, o maneo, na xota este caracterízanse por ter puntos cuns arrastres.

Pasodobre:

Este tipo de baile por diferente ten un ritmo moi alegre e vivo. E ten a súa banda de música que proven dos desfiles militares en Francia. Este se baila co ritmo da música, que soe ser viva, pero cunha mezcla lixeira. Neste baile os instrumentos que se tocan son o flautín, a flauta, o óboe, o fagot, o clarinete, o saxofón e o violonchelo.

Estos son os máis coñecidos pero tamén existen máis bailes como a pandeirada ou o fandango, e algúns máis...

Outra cousa dos bailes é o aturuxo: 
É un grito que se fai ao comezo do baile para animar aos que bailan. Normalmente é forte, agudo e moi prolongado.Resultado de imaxes para collage de bailes gallegos
                           Imaxe de Pinterest : De Dolores Rodriguez