mércores, 27 de marzo de 2019

A Noticia da Semana Nº1:Incendio de Rianxo "controlado"

Noticia:
Dan por controlado o gran incendio de Rianxo 36 horas despois do seu inicio.
Fontes de información:
Resumo da noticia:
O lume arrasou máis de 850 hectáreas en Rianxo e puxo en perigo varias vivendas. Foi controlado 36 horas despois grazas a actuación de dous técnicos, 37 axentes, 35 brigadas, 25 motobombas, 5 palas, 4 avións e 6 helicópteros.
Tanto a garda civil como os Seprona están investigando este incendio, parece ser que saltou unha chispa nunha torre de alta tensión na que estaban traballando en Bexo e prendeu lume.
Opinión crítica:
Aínda que cren que foi por unha chispa dunha torre de alta tensión,  eu creo que pode ser que fora intencionado aproveitando que había moitísimo vento.
                                  Imaxe de Pixabay:De _Alicja_

xoves, 21 de marzo de 2019

Tipos de Baile Galego

Para comezar falareivos sobre os tipos de baile máis coñecidos:

Muñeira:

É o tipo de baile galego máis coñecido dentro e fóra de Galicia, tamén se baila en Castela e León e  en Asturias. Este baile, e coma todos, bailase acompañado dun ou máis instrumentos. Xeralmente os instrumentos que acompañan á muñeira son a gaita, a pandeireta, o tambor, o bombo e as veces as cunchas. Báilase en parellas ou en forma de círculo.

Xota:

Aínda que está repartido por toda a península, é un baile moi coñecido en Galicia. Os instrumentos empregados para bailar a xota son a gaita, o requinto, o bombo, o tambor e a pandeireta. Os pasos que se fan parécense un pouco aos do "valse". O baile ten un tipo de paseo e cun punto, e ás veces cun descanso, o maneo, na xota este caracterízanse por ter puntos cuns arrastres.

Pasodobre:

Este tipo de baile por diferente ten un ritmo moi alegre e vivo. E ten a súa banda de música que proven dos desfiles militares en Francia. Este se baila co ritmo da música, que soe ser viva, pero cunha mestura lixeira. Neste baile os instrumentos que se tocan son o frautín, a frauta, o óboe, o fagot, o clarinete, o saxofón e o violonchelo.

Estos son os máis coñecidos pero tamén existen máis bailes como a pandeirada ou o fandango, e algúns máis...

Outra cousa dos bailes é o aturuxo: 
É un grito que se fai ao comezo do baile para animar aos que bailan. Normalmente é forte, agudo e moi prolongado.

A MIÑA PRIMEIRA ENTRADA

Ola rapaces e rapazas!


Eu son Sabela e neste blog vouvos falar sobre o baile galego e tamén de cancións tradicionais de Galicia, xa que eu  bailo e tamén toco a pandeireta mentres canto, e a verdade e que gústame moito.
Traje tradicional gallego
                                     Imaxe de Pinterest : De Pilar Arce