xoves, 21 de marzo de 2019

Tipos de Baile Galego

Para comezar falareivos sobre os tipos de baile máis coñecidos:

Muñeira:

É o tipo de baile galego máis coñecido dentro e fóra de Galicia, tamén se baila en Castela e León e  en Asturias. Este baile, e coma todos, bailase acompañado dun ou máis instrumentos. Xeralmente os instrumentos que acompañan á muñeira son a gaita, a pandeireta, o tambor, o bombo e as veces as cunchas. Báilase en parellas ou en forma de círculo.

Xota:

Aínda que está repartido por toda a península, é un baile moi coñecido en Galicia. Os instrumentos empregados para bailar a xota son a gaita, o requinto, o bombo, o tambor e a pandeireta. Os pasos que se fan parécense un pouco aos do "valse". O baile ten un tipo de paseo e cun punto, e ás veces cun descanso, o maneo, na xota este caracterízanse por ter puntos cuns arrastres.

Pasodobre:

Este tipo de baile por diferente ten un ritmo moi alegre e vivo. E ten a súa banda de música que proven dos desfiles militares en Francia. Este se baila co ritmo da música, que soe ser viva, pero cunha mestura lixeira. Neste baile os instrumentos que se tocan son o frautín, a frauta, o óboe, o fagot, o clarinete, o saxofón e o violonchelo.

Estos son os máis coñecidos pero tamén existen máis bailes como a pandeirada ou o fandango, e algúns máis...

Outra cousa dos bailes é o aturuxo: 
É un grito que se fai ao comezo do baile para animar aos que bailan. Normalmente é forte, agudo e moi prolongado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario