xoves, 11 de abril de 2019

A Noticia da Semana Nº2 : A 1º fotografía dun buraco negro.

Noticia:
Katie Bouman, a informática que deu coa clave para fotografiar o buraco negro.
Fontes de información:
Resumo da noticia:
Katie Bouman de 29 anos de idade convertéuse nunha celebridade, grazas ao seu traballo púdose captar por primeira vez a fotografía dun buraco negro. Estudando un posgrao en ciencias de computación e intelixencia artifial no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts creou un algoritmo, polo cal púdose fotografiar este fenómeno.
Esto confirma a teoría da relatividade de Albert Einstein. É a primeira un buraco negro de forma directa.
Opinión crítica:
Paréceme un gran fenómeno, aínda que a imaxe en sí se vexa borrosa e de pouca calidade, pero de seguro para conseguila hai moitas horas ou días de traballo e investigación.
Agujero Negro, Espacio, Universo, Galaxy, Niebla
                                   Imaxe de Pixabay : De geralt

A Sementeira

     
     Aquí vos traio outra das cancións tradicionais galegas máis populares.

                                        Que é ?
A sementeira é unha moi popular cantiga galega. Fíxose moi famosa grazas á versión que fixo a banda "Fuxan os Ventos" , publicada en 1987 no seu álbum. O texto foi escrito por Lois Álvarez Pousa e coa música de Xosé Luis Rivas Cruz. A canción converteuse nun dos símbolos culturais galegos, e representativa nos anos 1970.

                                         Letra
............................................................................................


Sementar, sementarei, 
loguiño de crarear, 
en tanto no pobo medre 
un meniño, un vello e un cantar. 


Un meniño rebuldeiro 

que fala na lingua nai, 

que suba os pexegueiros 

a froita verde a roubar. 



Sementar, sementarei.... 



Un vello que de consellos, 

un rostro de fume e pan, 

que conte contos os nenos 

do cuco e do paspallás. 



Sementar, sementarei.... 



Un cantar de redención, 

un vello e novo cantar, 

que troque a desolación 

nun limpo e claro alborexar. 



Sementar, sementarei.... 



Logo déixame morrer 

entre dous regos, queimado, 

cando veñan os solpores 

dos homes esfameados. 



Sementar, sementarei....



..................................................................................................

Colza, El Campo De Semillas De Colza, Puesta Del Sol
                               Imaxe de Pixabay : De Tilgnerpictures


                        

martes, 9 de abril de 2019

As Miñas REGUEIFAS

...........................................................................................

1) Este trimestre no insti
hai moito que estudar
xa sei que non son moi lista
pero o quero superar.

............................................................................................

2)O meu can está toliño
que non para de ladrar
comeza pola mañá
e non para ata acabar.

............................................................................................

3)A min gústanme as froitas
algunhas como o melón
hai tamén que non me gustan
por exemplo o limón.

............................................................................................

4)Meu avó ten unha granxa
entre ela un coello
pero a ninguén lle gusta
creo que está moi vello.

............................................................................................

5)Alí hai un bo coitelo
ten unha folla moi forte
é mellor que non te arrimes
que quizás levas un corte.

............................................................................................

6)Agora é aninovo
farei algo na cociña
que vou cear ca familia
cociñarei a galiña.

............................................................................................

7)Hoxe voume cos amigos
que imos saír de festa
pero non sabemos onde
están todos á protesta.

............................................................................................

8)Benvidos eu son Sabela
e de San Lázaro veño
que isto che quede claro
coa regueifa que deseño.

..............................................................................................

9)Nos temos unha amiga
que é Andrea Davila
foise a un campionato
pero fóra desta vila.

..............................................................................................

10)El foi un bibliotecario
nun instituto encantador
chamado Padres al Viento
nel era moi traballador.

................................................................................................
Micrófono, Mike, Voz, De Audio, Música, Sonido, Equipo

Imaxe de Pixabay : De Free-Photos

luns, 8 de abril de 2019

A Carolina

                                          Que é?

A Carolina ou A saia de Carolina é unha das canción tradicionais galegas máis popular. Unha peza musical composta polo músico Italiano Giorgio Mainerio.
A parte de ser tradicional en Galicia tamén se pode atopar en Asturias,León e no norte de Portugal.
                                       
                                        Letra
............................................................................................


A saia da Carolina ten un lagarto pintado.
Cando a Carolina baila, o lagarto dalle o rabo.

Bailaches Carolina? 
Bailei, sí señor.
Dime con quén bailaches?
Bailei co meu amor.
Bailei co meu amor.
Bailei co meu amor.
Bailaches Carolina?
Bailei, sí señor.

A Carolina é unha tola que todo fai ó revés.
Véstese pola cabeza e éspese polos pés.

¿Bailaches Carolina?
Bailei, no cuartel.
Dime con quen bailaches.
Bailei co coronel.
Bailei co coronel.
Bailei co coronel.
Bailaches Carolina?
Bailei no cuartel.

O señor cura non baila porque ten unha coroa.
Baile señor cura baile, que Dios todo llo perdoa.

Bailaches Carolina?
Bailei, abofé.
Dime con quén bailaches?
Bailei co meu Xosé.
Bailei co meu Xosé.
Bailei co meu Xosé.
Bailaches Carolina?
Bailei, abofé.

No curro da Carolina non entra carro pechado.
Na máis entra Carolina, co seu cocho polo rabo.

Bailaches Carolina?
Bailei, si señor.
Dime con quen bailaches.
Bailei con meu amor.

Co teu amor Carolina, non volvas a bailar,
porque che levanta a saia 
ié moi mala de baixar.

Co teu amor Carolina, non volvas a bailar,
porque che levanta a saia 
ié moi mala de baixar.

Co teu amor Carolina, non volvas a bailar,
porque che levanta a saia 
ié moi mala de baixar.

............................................................................................
Gaita, Instrumento De Viento, Instrumento Musical
                      
                  Imaxe de Pixabay : De congerdesign

venres, 5 de abril de 2019

Vlogueando : Vestimenta Galega




Hoxe neste vlog explico tódalas prendas que compoñen unha vestimenta tradicional do baile galego. Espero que vos guste!


                            Gallega                 

                                    Imaxe de Pinterest : De Ai Roshio