luns, 8 de abril de 2019

A Carolina

                                          Que é?

A Carolina ou A saia de Carolina é unha das canción tradicionais galegas máis popular. Unha peza musical composta polo músico Italiano Giorgio Mainerio.
A parte de ser tradicional en Galicia tamén se pode atopar en Asturias,León e no norte de Portugal.
                                       
                                        Letra
............................................................................................


A saia da Carolina ten un lagarto pintado.
Cando a Carolina baila, o lagarto dalle o rabo.

Bailaches Carolina? 
Bailei, sí señor.
Dime con quén bailaches?
Bailei co meu amor.
Bailei co meu amor.
Bailei co meu amor.
Bailaches Carolina?
Bailei, sí señor.

A Carolina é unha tola que todo fai ó revés.
Véstese pola cabeza e éspese polos pés.

¿Bailaches Carolina?
Bailei, no cuartel.
Dime con quen bailaches.
Bailei co coronel.
Bailei co coronel.
Bailei co coronel.
Bailaches Carolina?
Bailei no cuartel.

O señor cura non baila porque ten unha coroa.
Baile señor cura baile, que Dios todo llo perdoa.

Bailaches Carolina?
Bailei, abofé.
Dime con quén bailaches?
Bailei co meu Xosé.
Bailei co meu Xosé.
Bailei co meu Xosé.
Bailaches Carolina?
Bailei, abofé.

No curro da Carolina non entra carro pechado.
Na máis entra Carolina, co seu cocho polo rabo.

Bailaches Carolina?
Bailei, si señor.
Dime con quen bailaches.
Bailei con meu amor.

Co teu amor Carolina, non volvas a bailar,
porque che levanta a saia 
ié moi mala de baixar.

Co teu amor Carolina, non volvas a bailar,
porque che levanta a saia 
ié moi mala de baixar.

Co teu amor Carolina, non volvas a bailar,
porque che levanta a saia 
ié moi mala de baixar.

............................................................................................
Gaita, Instrumento De Viento, Instrumento Musical
                      
                  Imaxe de Pixabay : De congerdesign

Ningún comentario:

Publicar un comentario