xoves, 11 de abril de 2019

A Sementeira

     
     Aquí vos traio outra das cancións tradicionais galegas máis populares.

                                        Que é ?
A sementeira é unha moi popular cantiga galega. Fíxose moi famosa grazas á versión que fixo a banda "Fuxan os Ventos" , publicada en 1987 no seu álbum. O texto foi escrito por Lois Álvarez Pousa e coa música de Xosé Luis Rivas Cruz. A canción converteuse nun dos símbolos culturais galegos, e representativa nos anos 1970.

                                         Letra
............................................................................................


Sementar, sementarei, 
loguiño de crarear, 
en tanto no pobo medre 
un meniño, un vello e un cantar. 


Un meniño rebuldeiro 

que fala na lingua nai, 

que suba os pexegueiros 

a froita verde a roubar. 



Sementar, sementarei.... 



Un vello que de consellos, 

un rostro de fume e pan, 

que conte contos os nenos 

do cuco e do paspallás. 



Sementar, sementarei.... 



Un cantar de redención, 

un vello e novo cantar, 

que troque a desolación 

nun limpo e claro alborexar. 



Sementar, sementarei.... 



Logo déixame morrer 

entre dous regos, queimado, 

cando veñan os solpores 

dos homes esfameados. 



Sementar, sementarei....



..................................................................................................

Colza, El Campo De Semillas De Colza, Puesta Del Sol
                               Imaxe de Pixabay : De Tilgnerpictures


                        

Ningún comentario:

Publicar un comentario