venres, 24 de maio de 2019

Pasodoble Miñas cousas


LETRA
................................................................................
Teño unha galiña branca
que me veu de Redondela
Teño unha galiña branca

que me veu de Redondela
da miña comadre o galo
da miña comadre o galo
non me veña dar con ela.

Ai, la la, ai la la...



Veño de ve-lo meu liño

que me dá pola cintura

Veño de ve-lo meu liño
que me dá pola cintura
non sei se é liño ou se é herba
non sei se é liño ou se é herba
bagalla non ten ningunha.

Ai, la la, ai la la...



Unha pera, dúas peras

non tiña máis a pereira

Unha pera, dúas peras

non tiña máis a pereira
unha será para o xastre
unha será para o xastre
outra para a costureira.
Ai, la la, ai la la...
................................................................................
Gallina Blanca Sussex, Gallina Ponedora, Bajo Corta
Imaxe de Pixabay  :  De JACLOU-DL

Pandereitada de Outes

LETRA
.........................................................................................
Eu caseime no araño,
coa filla dun arañón;

ela bonita non é,
pobre si, honrada non.
AI LA LE LO...

Heime de casar hogano,
anque seña co raposo,

héille de afeitar o rabo
pra que seña vanidoso.
AI LA LE LO...

Sei tocare e sei bailare,
tamén sei facelo tonto,

como son fillo dun probe,
teño que saber de todo!.
AI LA LE LO...

O raposo vai ó monte,
pola rodeira do carro,

leva os ollos na cabeza,
e o cú debaixo do rabo.
AI LA LE LO...

Verbo xido, miña purria,
que intervás por areona,

héiche de valdri-los zuros
e rosmarche na morrona.
AI LA LE LO...

Son de Lugo, son de Lugo,
e non o pode negare;

miráime pra miña cara,
o leite que podo dare!
AI LA LE LO...

Os amores dunha vella
son amores dunha santa,

desque se deita na cama
toda a noite o cú lle canta!
AI LA LE LO...


Miña nai como era probe
fixo as papas nunha ola,

eu como son fillo dela
o que é rico que se foda!
AI LA LE LO...
.........................................................................................
Vieira, Concha, Shell, Molusco, Marinos, Mariscos

Cadáver atopado no peirao de Boiro

Cadáver atopado no peirao de Boiro

Nesta madrugada apareceu un cadáver dun home, de aproximadamente uns 40 anos, no peirao de Escarabote en Boiro. 
O cadáver esta noite, este encontrábase aboiando na auga xunta o peirao.
Pelícano, Aves De Agua, Pelecanus Conspicillatus, Ave
Peirao de Escarabote onde se atopou o corpo
Imaxe de Pixabay  :  De Free-Photos
Segundo a páxina de policíaBEG.com, o corpo foi atopado polo vixilante nocturno, o cal ao velo avisou axiña á policía local, que sacou ao cadáver fóra da auga.
Despois, revisaron o corpo enteiro do home para saber que había sucedido, pero non encontraron ningunha ferida ou marca.
Fixéronlle varias preguntas ao vixilante, el soamente dixo que pola noite e durante o día anterior a marea encontrábase totalmente calma,e parece ser un caso moi peculiar.    
A policía segue en busca da causa da súa morte, aínda que o máis probable é que fose un suicidio, pola falta de marcas de violencia.