venres, 24 de maio de 2019

Pasodoble Miñas cousas


LETRA
................................................................................
Teño unha galiña branca
que me veu de Redondela
Teño unha galiña branca

que me veu de Redondela
da miña comadre o galo
da miña comadre o galo
non me veña dar con ela.

Ai, la la, ai la la...



Veño de ve-lo meu liño

que me dá pola cintura

Veño de ve-lo meu liño
que me dá pola cintura
non sei se é liño ou se é herba
non sei se é liño ou se é herba
bagalla non ten ningunha.

Ai, la la, ai la la...



Unha pera, dúas peras

non tiña máis a pereira

Unha pera, dúas peras

non tiña máis a pereira
unha será para o xastre
unha será para o xastre
outra para a costureira.
Ai, la la, ai la la...
................................................................................
Gallina Blanca Sussex, Gallina Ponedora, Bajo Corta
Imaxe de Pixabay  :  De JACLOU-DL

Ningún comentario:

Publicar un comentario