venres, 7 de xuño de 2019

Quen puidera namorala

LETRA
......................................................................................

No niño novo do vento,
hai unha pomba dourada (BIS)

Quén puidera namorala,
quén puidera namorala, meu amigo (BIS)

Canta ao luar e ao mencer
en frauta de verde olivo (BIS)

Quén puidera namorala,
quén puidera namorala, meu amigo (BIS)

Ten áers (aires) de flor recente
cousas de recén casadas (BIS)

Quén puidera namorala,
quén puidera namorala, meu amigo (BIS)

Tamén ten sombra de sombra
e andar primeiro de río (BIS)

Quén puidera namorala,
quén puidera namorala, meu amigo (BIS)

......................................................................................

Pareja, Romance, El Amor, Beso, Amantes De La, Banco

Pandereitada de Miñata

LETRA
..............................................................................................

Baila que non é de risa,
baila que non é de risa,
antes de saír ao baile,
has de suda-la camisa,
Ai le lele lelele lele lele.

Ai non quero té,
a mailo café,
dame un vaso nena,
a ver que bo é,
a ver que bo é,
a ver que bo é,
ai non quero té,
a mailo café.

Vaina levando na volta,
na volta vaina levando,
vaina levando na volta,
coma quen que vai bailando.
Ai le lele lelele lele lele.

Ai non quero té...

Para cantar veño eu-he,
para bailar meu irman-he,
para toca-lo pandeiro,
viva quen o ten na man-he.
Ai le lele lelele lele lele.

Ai non quero té...

..............................................................................................

Café, Copa, Granos De Café, Taza De Café, Frijoles

Imaxe de Pixabay : De Christoph

A Maruxiña

LETRA
...........................................................................................

Ai Maruxiña eu ben cho disía,
que o andar de noite, é unha tolería,
é unha tolería, é unha tolería,
ai Maruxiña, eu ben cho disía.
Eu querer, quéroche ben,
 eu téñoche admirasión,
quero casarme contigho,
 non mo pide o corasón,
non mo pide o corazón,
 non mo pide o corazón,
eu querer, quéroche ben,
 eu téñoche admirasión.

Ai Maruxiña non é nada malo
darlle un biquiño a un namorado,
a un namorado, a un namorado,
Ai Maruxiña, non é nada malo.

Eu querer, quéroche ben, …

Ai Maruxiña detrás dun balado,
dáme un biquiño que non é pecado,
que non é pecado, que non é pecado,
ai Maruxiña, detrás dun balado.

Eu querer, quéroche ben, …

Ai Maruxiña, detrás dun codeso,
dáme un biquiño que eu ben cho mereso,
que eu ben cho mereso, que eu ben cho mereso,
ai Maruxiña detrás dun codeso.

Eu querer, quéroche ben, …

.................................................................................................

Pandereta, Música, Juego, Herramienta, Sonido, Roca

Imaxe de Pixabay : De Zherlitsyn

A Palmira

ARTISTA: Xota de Soutomaior

LETRA
..................................................................................................

Pasei pola túa porta
e mirei pra dentro e vin-he
un letreito que dicía
que non eras para min-he.

 
Palmira lara Palmira
Palmira lara tras tras
Palmira lara Palmira
roubáchesme meu rapaz
roubáchesme meu rapaz
roubáchesme meu rapaz
Palmira lara Palmira
Palmira lara tras tras.

 
Moito falabas borracho,
que che querían as mozas,
quen che vai querer a ti-he
sacho de limpa-las bozas.

 
Palmira lara Palmira
Palmira lara tras tras
Palmira lara Palmira
roubáchesme meu rapaz
roubáchesme meu rapaz
roubáchesme meu rapaz
Palmira lara Palmira
Palmira lara tras tras.

 
Moito miras para min-he
moito me chisca-lo ollo
son criada de servir-he,
non podo atender a todo.

 
Palmira lara Palmira
Palmira lara tras tras
Palmira lara Palmira
roubáchesme meu rapaz
roubáchesme meu rapaz
roubáchesme meu rapaz
Palmira lara Palmira
Palmira lara tras tras.

 
Pandeiro de catro esquinas,
non se toca cunha man-he,
faino a miña cuñada,
a muller do meu irmán-he.

 
Palmira lara Palmira
Palmira lara tras tras
Palmira lara Palmira
roubáchesme meu rapaz
roubáchesme meu rapaz
roubáchesme meu rapaz
Palmira lara Palmira
Palmira lara tras tras.

As centellas corren corren
entran unhas polas outras
tamén as mozas solteiras
dicen unhas mal das outras.

Palmira lara Palmira
Palmira lara tras tras
Palmira lara Palmira
roubáchesme meu rapaz
roubáchesme meu rapaz
roubáchesme meu rapaz
Palmira lara Palmira
Palmira lara tras tras.

Vou da-la despedida
máis non é para acabar-he
e para darlle o pandeiro
a quen o saiba tocar-he.

Palmira lara Palmira
Palmira lara tras tras
Palmira lara Palmira
roubáchesme meu rapaz
roubáchesme meu rapaz
roubáchesme meu rapaz
Palmira lara Palmira
Palmira lara tras tras.

..............................................................................................
Gaita, Uilleann Tubos, Doodle, Instrumento, Música

O Verdegaio

ARTISTA: Leilía.

LETRA
.......................................................................................
As penas do verdegaio
Son verdes e amarelas,
Non me toques, senón caio,
Non me rómpas-las canelas.


O do verdegaio o do rastrastrás,
Quero o meu amor, quero o meu rapaz,

do verdegaio, o do rustrustrús,
Quero o meu amor, quero ben Xesús


Vai tu, vai tu, vai ela,
Vai tu para casa dela,
Vai tu, vai tu, vai ela,
Vai tu para casa dela.

É do meu gosto,

É da miña opiniao,
É da madeira máis fina,

Da raíz do corasao.

Vai tu, vai tu, vai ela,
Vai tu para casa dela,
Vai tu, vai tu, vai ela,

Vai tu para casa dela.
Oh, señora Ana, señora María,
O seu galo canta e o meu asubía.
Oh, señora Ana, o seu galo ve
Unha latadiña na cara do meu.


Vai tu, vai tu, vai ela,
Vai tu para casa dela,
Vai tu, vai tu, vai ela,

Vai tu para casa dela.


Anubía i anubía
I anque anubía non chove,
O meu amor está malo,
Anque está malo non morre.

O do verdegaio o do rastrastrás,
Quero o meu amor, quero o meu rapaz,

do verdegaio, o do rustrustrús,
Quero o meu amor, quero ben Xesús.


Meu caño, meu cañociño,
Todos te chaman pequeno,
A mi me pareces grande
Co cariño que che teño.

O do verdegaio o do rastrastrás,
Quero o meu amor, quero o meu rapaz,

do verdegaio, o do rustrustrús,
Quero o meu amor, quero ben Xesús.


O cariño que che teño
E malo que che hei de ter
Colle na folla dun toxo
E mais non a ha de encher.

O do verdegaio o do rastrastrás,
Quero o meu amor, quero o meu rapaz,

do verdegaio, o do rustrustrús,
Quero o meu amor, quero ben Xesús.


....................................................................................

Hahn, Cabeza De Gallo, Gockel, Las Aves De Corral 
Imaxe de Pixabay : De Capri23auto

xoves, 6 de xuño de 2019

Pousa,pousa

                                    Pousa,pousa:

Cantiga popular das máis recoñecibles en calquera punto de Galicia, cantada polo grupo Luar na Lubre.

  LETRA
..................................................................................................
Fun á taberna do meu compadre
fun polo vento e vin polo aire, BIS
e como é cousa de encantamento
fun polo aire e vin polo vento. BIS

 E pousa, pousa, pousa, e non me toques naquela cousa BIS e pousa, pousa axiña, e non me toques naquela cousiña. BIS

-Murmuraban as miñas veciñas
que eu andaba co crego nas viñas, BIS
iso é verdade, eu non o nego,
que eu andiven a loitas co crego. BIS

 E pousa, pousa...

-Cando me case xa teño un galo
xa miña nai non me ten que dalo, BIS
cando me case xa teño un polo
xa miña nai non me ten que dar todo. BIS

E pousa, pousa...
.......................................................................................................

Tambourine, Samba, Mobile Screen, Computer Screen



                               Imaxe de Pixabay : De LucianoRaul

luns, 3 de xuño de 2019

Se inaugura o tren de alta velocidade



Se inaugura o tren de alta velocidade

Despois de 10 anos de obras existe un tren de alta velocidade en Galicia.
Segundo a alcaldesa de Madrid e o alcalde de Santiago o tren, que une Santiago de Compostela e Madrid, comezou a funcionar onte.
Difuminar, Viaje, Desplazamientos, Locomotora, Metro
Tren de alta velocidade en funcionamento
Imaxe de Pixabay : De Robert-Owen-Wahl
En total construír este tren custou 10 anos de traballo e obras, e necesitouse arredor de 600 traballadores para facelo.
O presidente da Xunta de Galicia dixo que el mesmo inaugurouno onte, luns, ás 10 da mañá, en Santiago de Compostela.
El xunta os dous presidentes fixeron o primeiro viaxe en el indo de Santiago a Madrid e de Madrid a Santiago, e despois deron a súa opinión na páxina de xuntadegalicia.gal.
Este foi construído por peticións de moitos cidadáns os cales necesitan transportarse con maior velocidade de Santiago a Madrid.