venres, 7 de xuño de 2019

A Maruxiña

LETRA
...........................................................................................

Ai Maruxiña eu ben cho disía,
que o andar de noite, é unha tolería,
é unha tolería, é unha tolería,
ai Maruxiña, eu ben cho disía.
Eu querer, quéroche ben,
 eu téñoche admirasión,
quero casarme contigho,
 non mo pide o corasón,
non mo pide o corazón,
 non mo pide o corazón,
eu querer, quéroche ben,
 eu téñoche admirasión.

Ai Maruxiña non é nada malo
darlle un biquiño a un namorado,
a un namorado, a un namorado,
Ai Maruxiña, non é nada malo.

Eu querer, quéroche ben, …

Ai Maruxiña detrás dun balado,
dáme un biquiño que non é pecado,
que non é pecado, que non é pecado,
ai Maruxiña, detrás dun balado.

Eu querer, quéroche ben, …

Ai Maruxiña, detrás dun codeso,
dáme un biquiño que eu ben cho mereso,
que eu ben cho mereso, que eu ben cho mereso,
ai Maruxiña detrás dun codeso.

Eu querer, quéroche ben, …

.................................................................................................

Pandereta, Música, Juego, Herramienta, Sonido, Roca

Imaxe de Pixabay : De Zherlitsyn

Ningún comentario:

Publicar un comentario