venres, 7 de xuño de 2019

O Verdegaio

ARTISTA: Leilía.

LETRA
.......................................................................................
As penas do verdegaio
Son verdes e amarelas,
Non me toques, senón caio,
Non me rómpas-las canelas.


O do verdegaio o do rastrastrás,
Quero o meu amor, quero o meu rapaz,

do verdegaio, o do rustrustrús,
Quero o meu amor, quero ben Xesús


Vai tu, vai tu, vai ela,
Vai tu para casa dela,
Vai tu, vai tu, vai ela,
Vai tu para casa dela.

É do meu gosto,

É da miña opiniao,
É da madeira máis fina,

Da raíz do corasao.

Vai tu, vai tu, vai ela,
Vai tu para casa dela,
Vai tu, vai tu, vai ela,

Vai tu para casa dela.
Oh, señora Ana, señora María,
O seu galo canta e o meu asubía.
Oh, señora Ana, o seu galo ve
Unha latadiña na cara do meu.


Vai tu, vai tu, vai ela,
Vai tu para casa dela,
Vai tu, vai tu, vai ela,

Vai tu para casa dela.


Anubía i anubía
I anque anubía non chove,
O meu amor está malo,
Anque está malo non morre.

O do verdegaio o do rastrastrás,
Quero o meu amor, quero o meu rapaz,

do verdegaio, o do rustrustrús,
Quero o meu amor, quero ben Xesús.


Meu caño, meu cañociño,
Todos te chaman pequeno,
A mi me pareces grande
Co cariño que che teño.

O do verdegaio o do rastrastrás,
Quero o meu amor, quero o meu rapaz,

do verdegaio, o do rustrustrús,
Quero o meu amor, quero ben Xesús.


O cariño que che teño
E malo que che hei de ter
Colle na folla dun toxo
E mais non a ha de encher.

O do verdegaio o do rastrastrás,
Quero o meu amor, quero o meu rapaz,

do verdegaio, o do rustrustrús,
Quero o meu amor, quero ben Xesús.


....................................................................................

Hahn, Cabeza De Gallo, Gockel, Las Aves De Corral 
Imaxe de Pixabay : De Capri23auto

Ningún comentario:

Publicar un comentario