xoves, 6 de xuño de 2019

Pousa,pousa

                                    Pousa,pousa:

Cantiga popular das máis recoñecibles en calquera punto de Galicia, cantada polo grupo Luar na Lubre.

  LETRA
..................................................................................................
Fun á taberna do meu compadre
fun polo vento e vin polo aire, BIS
e como é cousa de encantamento
fun polo aire e vin polo vento. BIS

 E pousa, pousa, pousa, e non me toques naquela cousa BIS e pousa, pousa axiña, e non me toques naquela cousiña. BIS

-Murmuraban as miñas veciñas
que eu andaba co crego nas viñas, BIS
iso é verdade, eu non o nego,
que eu andiven a loitas co crego. BIS

 E pousa, pousa...

-Cando me case xa teño un galo
xa miña nai non me ten que dalo, BIS
cando me case xa teño un polo
xa miña nai non me ten que dar todo. BIS

E pousa, pousa...
.......................................................................................................

Tambourine, Samba, Mobile Screen, Computer Screen



                               Imaxe de Pixabay : De LucianoRaul

Ningún comentario:

Publicar un comentario